PUBLICIDADE
Martes, 08 de xullo de 2008
Na Coruña, Vigo e Compostela
Homenaxe aos músicos Balboa e Macías

Europa Press A Xunta e varios concellos e institucións conmemoran o 50º aniversario de ambos os compositores con concertos, publicacións e ofrendas no programa 'Ás nosas músicas, os nosos sons'.

Reloxo 24.03.2008 | 14:30

Manuel Balboa Manuel Balboa. ANT

Hoxe presentaron os actos a concelleira de Cultura da Coruña, María Xosé Bravo, e o director xeral de Creación e Difusión Cultural, da Consellaría de Cultura e Deporte, Luís Bará. A cidade honrou a memoria de Manuel Balboa, falecido no 2004, cunha ofrenda floral no cemiterio de Santo Amaro que contou coa presenza do escritor e músico Lino Braxe. Xa mañá, o Teatro Rosalía de Castro acolle un concerto do Grupo Instrumental Século XX en colaboración coa Sociedade Filharmónica da Coruña e dirixido por Florian Vasi.

O concerto repetirase no Teatro Principal compostelán o martes 8 de abril. Amais, o próximo martes 31, será o pianista Humberto Quagliata quen tocará pezas de Manuel Balboa no Rosalía de Castro. E para o venres 28, Braxe presentará o libro Diálogo dos mortos e a noite ou o segredo namorado na Casa Casares Quiroga. O propio Braxe salientou a "veneración de artista a artista" que sentía polo seu amigo Balboa, "alguén excepcional dentro da música clásica contemporánea".

Bará sinalou que estas homenaxes sairán adiante "grazas a unha confluencia da preocupación de institucións e persoas que levan tempo demandando que se dean a coñecer os músicos galegos", e que a difusión da obra destes compositores quere chegar a un público amplo. A homenaxe a Henrique Macías, falecido en 1995, desenvolverase nos próximos meses no seu Vigo natal.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil