Redacción . A activista saharauí Aminetu Haidar denuncia que está baixo arresto domiciliario desde que regresou ao Aiún o pasado 18 de decembro tras 32 días de folga de fame en Lanzarote despois de que as autoridades marroquís a expulsasen de Marrocos.
"O asedio continúa. Estou baixo arresto domiciliario. Os membros da miña familia e amigos teñen problemas para visitarme. As tendas do meu barrio están sufrindo o asedio", denunciou nunha entrevista desde Rabat.
Aminatou Haidar no aeroporto de Lanzarote hai unhas semanas.
"Teño o valor da miña convicción para seguir adiante coa defensa da causa da autodeterminación do pobo saharauí. Nunca cederá a pesar das ameazas de cárcere, secuestro, tortura e exilio", engadiu.
Así mesmo, Haidar acusou a Marrocos de empregar unha política “da cenoria e o pau" cara á Fronte Polisario e os saharauís. "Marrocos reprime a poboación saharauí mentres está negociando coa Fronte Polisario", lamentou.
Descargar Tarifas