PUBLICIDADE
Luns, 15 de marzo de 2010
'Non é momento de falar da candidatura á Presidencia da Xunta'
Guillerme Vázquez: 'Non é momento de falar da candidatura á Presidencia da Xunta'

Europa Press O novo portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, asegurou que nunca se 'autodescartou' para ser o candidato á Presidencia da Xunta. Con todo, advertiu de que 'este non é o momento de falar diso'.

Reloxo 11.05.2009 | 15:42

Guillerme Vázquez, portavoz nacional do BNG Guillerme Vázquez, portavoz nacional do BNG. AGN "Eu nin confirmo nin descarto nada", puntualizou, logo de que os xornalistas lle preguntasen por unha posíbel candidatura á Presidencia da Xunta, e aseverou que "o candidato terá que elixirse no momento oportuno, que non é este".

O portavoz nacional do BNG considerou que non hai présa por resolver esa cuestión porque son "unhas eleccións a catro anos vista", e recordou que "outras contendas electorais son máis urxentes pola súa proximidade".

Neste sentido sinalou que a súa prioridade é envorcarse canto antes na campaña das eleccións europeas, para o que proximamente abandonará as súas responsabilidades de concelleiro de Tráfico e Seguridade Cidadá no Concello de Pontevedra. Aínda que ambos os cargos son compatíbeis, Vázquez dixo ter a "convicción" de que non se poden facerse ben dous traballos que requiren moito tempo e esforzo".

Vázquez, que hoxe recibiu as felicitacións de todos os membros da corporación municipal de Pontevedra, mostrouse tranquilo ante o novo reto, aínda que "decidido e firme". Admitiu que o Consello Nacional do BNG foi convulso "como corresponde a unha organización que acaba de cultivar un moi mal resultado electoral".

Aymerich, portavoz parlamentar

Tras asegurar que o debate é "auga pasada" e que se saldou "sen vencedores nin vencidos", o líder nacionalista opinou que "non hai nada ilóxico" na continuidade de Carlos Aymerich como portavoz parlamentario do BNG, "porque as súas funcións serán as que lle asigne" a formación frontista.

No entanto, considerou que "Aymerich fixo moi ben en pór o seu cargo a disposición da Executiva e en concluír que esta será a que tome a decisión que estime conveniente" e recordou que algo similar pasou no PSOE, cando "Bono foi alternativa política a Zapatero e nada impide que presida o Congreso". "A decisión que se tome na Executiva non terá nada que ver con que un se presentase nunha lista e outro noutra", garantiu Guillerme Vázquez.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río