Redacción . Máis do 75 por cento dos greenlandeses votaron a favor dunha maior autonomía de Dinamarca, nun referendo que podería iniciar o camiño de cara a súa separación total.
Malia as súas implicacións, a consulta non é vinculante, xa que Dinamarca ten a última palabra. Porén, os analistas sinalan que o masivo triunfo do “si” constitúe un gran paso de cara á independencia do territorio ártico. De ser adoptada a reforma do estatuto de autonomía sometida a referendo, Greenlandia acadaría unha maior participación nos ingresos anuais do petróleo. Ademais, o goberno local controlaría por completo os ámbitos xurídico e policial. Territorio inhóspito Greenlandia, a illa máis extensa do mundo, converteuse nunha provincia de Dinamarca en 1953, despois de 178 anos como colonia deste país europeo. O seu status cambiou no 1979, cando pasou a ser un territorio dependente autónomo cun goberno propio limitado e un parlamento. Considerado un dos lugares máis inhóspitos do planeta, depende dos subsidios daneses para soster a súa economía. Dinamarca, principal socio comercial de Greenlandia, está a cargo das súas relacións exteriores e da política de defensa, ademais de contribuír coas dúas terceira partes do orzamento anual. O resto provén principalmente da pesca. O referendo tivo como marco as especulacións sobre o descubrimento dun suposto depósito de petróleo fronte ás costas sur e oeste da illa glacial, malia que as exploracións iniciais deron resultados negativos. Nestes comicios, os groenlandeses optaron por reclamar a formación da súa propia forza policial, dos seus tribunais e da súa garda costeira. Ademais pediron que o inuit se converta no idioma oficial da illa. Pero a antiga potencia colonial ten a última palabra.
Nuuk, capital de Grenlandia
Descargar Tarifas