PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
PERO MANTENA NO BUSCADOR DE IMAXES
Google descúlpase pola foto racista de Michelle Obama

Redacción .  Google pediulle desculpas aos usuarios que protestaron no foro de axuda de Google Web Search por unha imaxe ofensiva da primeira dama estadounidense, Michelle Obama, na que aparece con rasgos de simio. Con todo, o buscador aínda non retirou esta montaxe.

Reloxo 25.11.2009 | 09:55
TAGS: GOOGLE , INTERNET , OBAMA , CENSURA ,

Montaxe de Michelle Obama motivo de polémica en Google Montaxe de Michelle Obama motivo de polémica en Google Google pediulle desculpas aos usuarios que protestaron no foro de axuda de Google Web Search por unha imaxe ofensiva da primeira dama estadounidense, Michelle Obama, na que aparece con rasgos de simio. Con todo, o buscador aínda non retirou esta montaxe.

A resposta chegou a través dun traballador -baixo o nick de Jem- que pide perdón "se se produciu unha experiencia desagradábel", á vez que espera que os usuarios "entendan" a compañía. "Google ve a integridade do seu motor de procura como unha extrema prioridade", destacou.

A primeira imaxe que apaerce tras introducir o nome de Michelle Obama no buscador é a da esposa do presidente dos Estados Unidos cos beizos alargados cun aspecto simiesco.

O espazo que aloxa este contido é un blog que dedica unha 'entrada' á familia Obama, no que ademais da citada montaxe aparecen fotografías da parella de fai varios anos e ata vídeos con intervencións da primeira dama.

O texto deste traballador explica o funcionamento deste motor de procura, un "reflexo" do contido e a información dispoñible na Internet.

"A clasificación das páxinas obedece a algoritmos, usando centos de factores para calcular a relevancia da web que contén a información solicitada", sinalou. "As crenzas e as preferencias daqueles que traballan en Google, así como as opinións do público en xeral, non teñen un impacto nos resultados de procura", apuntou.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río