Redacción . A ministra de Cultura, Ángeles Gónzales-Sinde, apostou na feira de videoxogos 'Gamelab 2009' que estes días ten lugar en Gijón por esta industria capaz de xerar emprego e investimentos. A ministra, que inaugurou esta mostra, tamén falou sobre a loita contra a piratería.
Na rolda de prensa previa á inauguración da V Feira Internacional do Ocio Interactivo 'Gamelab', a ministra de Cultura opinou sobre a actual situación da internet e lecer dixital. En canto a 'Gamelab', destacou que en España hai “grandes creativos” e apuntou que o videoxogo “non escapa ao interese dos cineastas, artistas ou creadores” da época contemporánea e comentou que o sector ten “sensibilidade e posibilidades grandes de desenvolvemento se atopa as ferramentas adecuadas para poder competir”. González-Sinde apostou pola cultura como xeradora de emprego e riqueza e considerou a inversión no sector dos videoxogos como “estratéxica”. En canto a súa postura de perseguir a piratería na internet, a ministra apoiou a postura da coalición de creadores para que a lei persiga a quen obteña beneficios da difusión de material audiovisual sen ter os dereitos correspondentes. A titular de Cultura tamén adiantou que o modelo de sanción francés queda moi lonxe do panorama actual español e adiantou que a piratería na rede é unha cuestión europea.
González-sinde, ministra de Cultura
Piratería pola internet
Descargar Tarifas