Redacción . O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, e a Ministra de Cultura, Ángeles González-Sinde, acordaron nunha reunión de traballo a creación dunha comisión mixta para desenvolver a cidade da Cultura e abordaron a participación do Estado no Xacobeo 2010 e a rehabilitación do Pórtico da Gloria.
A Cidade da Cultura, cualificada no seu día polo presidente do Goberno central, José Luis Rodríguez Zapatero, como “proxecto de Estado”, ocupou un lugar de relevancia da reunión mantida onte entre o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, e a ministra do ramo, Ángeles González-Sinde. Varela invitou á ministra a visitar a Cidade da Cultura para que “sexa consciente da magnitude e envergadura do proxecto” e a ministra aceptou a proposta do conselleiro para que un representante do Ministerio de Cultura forme parte do futuro padroado do complexo de Gaiás.
A ministra de Cultura, Ángeles González-Sinde, e o conselleiro de Cultura, Roberto Varela.
Os dous responsábeis acordaron a creación dunha comisión mixta para desenvolver o proxecto na que participaría a Presidencia do Goberno, o Ministerio e Asuntos Exteriores e o Ministerio de Cultura, por parte da Administración do Estado.
Pórtico da Gloria
Respecto á restauración do Pórtido da Gloria ministra e conselleiro acordaron axilizar o convenio que vai regular os traballos de recuperación deste monumento. O obxectivo técnico é complementar as labores de Dirección Técnica cun equipo multidisciplinar especializada que desenrole unha metodoloxía de estudo e intervención nos citados bens o máis completa e precisa tendo en conta a complexidade e multitude de factores que interveñen en dito monumento. A ministra de Cultura confirmou que este acordo será firmado en breve.
Xacobeo 2010
Respecto á celebración do Ano Santo en 2010, González-Sinde amosouse moi receptiva ás peticións do conselleiro de Cultura entre as que destacou a participación estatal dentro dos actos do Xacobeo.
Descargar Tarifas