Redacción . O correo electrónico de Google permite activar unha opción que realiza preguntas simples de matemáticas antes de enviar os correos.
"Evita mandar correos dos que máis tarde te arrepintes". Baixo este lema Google, a través de Gmail Labs, anuncia que acaba de crear unha interesante extensión que evita o envío de correos electrónicos se non estamos de todo sobrios. Pode ser activado de xeito voluntario e configurado para que opere a determinadas horas, facendo entre unha e cinco preguntas de matemáticas básicas, a partir das cales determinará o noso grao de lucidez.
Preguntas que o Gmail fai para comprobar se estamos sobrios
A extensión chámase "Contención de correo" (Mail Goggles en inglés) e basease nun algoritmo que os técnicos de Google incorporaron a súa aplicación de correo estes días.
Cando a activas, Mail Googles por defecto opera os venres e sábados de dez a catro da mañá. Esas son as horas nas que hai máis xente ebria navegando, entende Google.
Descargar Tarifas