PUBLICIDADE
Xoves, 28 de agosto de 2008
ROLDA DE PRENSA CONXUNTA
Gardas civís e BNG alertan do boicot á policía galega

Manuel Vilas Mandos da Benemérita están de xira polos cuarteis para tentar disuadir aos axentes de unirse ao novo corpo, segundo a a Unión de Gardas Civís de Galicia. O Bloque acusa ao PSOE de levar un ano parando a súa creación.

Reloxo 03.07.2008 | 12:11

Manuel Mato, secretario UGCG, en rolda de prensa canda o voceiro parlamentar do BNG, Carlos Aymerich Manuel Mato, secretario UGCG, en rolda de prensa canda o voceiro parlamentar do BNG, Carlos Aymerich. Manuel Vilas

A Unión de Gardas Civís de Galicia (UGCG) e o Bloque denunciaron conxuntamente a “paralización” por parte do PSOE da Lei de Policía que aprobou o Parlamento Galego hai máis dun ano. O texto establece a creación dunha policía autonómica similar ás que operan en Cataluña e Euskadi.

“Queremos unha policía integral con todas as competencias, se Euskadi e Cataluña a teñen, Galiza non pode perder o tren das primeiras autonomías”, explicou esta mañá Manuel Mato, secretario UGCG, en rolda de prensa canda o voceiro parlamentar do BNG, Carlos Aymerich. “Apostamos por unha policía galega integral chamada a substituír progresivamente aos corpos de seguridade do Estado e por fin a descoordinación”, confirmou Aymerich.

Tenente Coronel de xira

Mato alertou que o Tenente Coronel Ulla está de “xira” polos cuarteis de todas as provincias para transmitir aos axentes que a policía galega non se vai crear. A UGPC pide que se “se tomen medidas contra os mandos” que tenten boicotear as disposicións do Parlamento.

Ataques a Méndez Romeu

Aymerich e Mato denunciaron a “lentitude” coa que o PSOE está a tramitar os trámites necesarios. O político nacionalista acusa ao conselleiro responsábel, o socialista Xosé Luís Méndez Romeu, de apostar por “un modelo de segunda rexional”.

O certo é que, máis dun ano despois da aprobación da lei, Romeu aínda non fixou prazo algún para a creación do corpo. Ademais, o traspaso das competencias de Tráfico, que asumiría a Policía Galega, seguen paralizadas en Madrid. O ministro de Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, mesmo adiantou que non se prevé a creación de novas policías autonómicas, declaración que foi cualificada como “un insulto ao Parlamento de Galicia” por parte de Mato.

O 80% queren pasar ao novo corpo

O voceiro nacionalista tamén apuntou que o novo corpo podería integrar a moitos axentes galegos emigrados. Segundo a UGCG o 80 por cento dos axentes que traballan no país estaría disposto a pasar ao novo corpo, pois na súa práctica totalidade “son galegos ou están casados con galegas”.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil