PUBLICIDADE
Venres, 08 de agosto de 2008
I Trofeo das Nacións de baloncesto feminino
Galiza, moi superior a Euskadi

Redacción .  A selección galega derrotou a Euskadi por 96-62 e xogará en Compostela a final do torneo contra a potente selección de Catalunya, que foi moi superior a Portugal (50-75).

Reloxo 17.05.2008 | 17:43

Selección galega de baloncesto feminino Selección galega de baloncesto feminino. FGB

A selección galega de baloncesto feminino amosou o seu bo nivel en Compostela, onde se está a celebrar o I Trofeo das Nacións, no que Galiza xogará a final contra Catalunya despois de que ambas seleccións gañaran a Euskadi e Portugal, respectivamente.

Catalunya -que conta cun poderoso equipo con xogadoras como Marta Fernández- foi mellor que Portugal, que presentou un conxunto moi novo que se viu superado polas catalás, que venceron 50-75.

Na outra semifinal, Galiza tamén foi moi superior a Euskadi e venceu por 96 a 62 nun encontro que xa comezou coas galegas a gran ritmo e cun parcial de 9-0 que simbolizou unha superioridade na que destacaron os 17 puntos de Arantxa Novo.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil