PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
As distribuidoras recolleron máis de 74.000 unidades en 2009
Galiza encabeza o modelo da reciclaxe de electrodomésticos

Redacción .  Galiza recolleu en 2009 74.327 residuos eléctricos e electrónicos ao longo do ano pasado para a súa reciclaxe a través dun protocolo de recollida desenvolvido pola Asociación de Empresas Distribuidoras de Electrodomésticos do Noroeste (ADEN), con sede en Santiago de Compostela. Estes resultados sitúan ao país como 'modelo' da reciclaxe do sector no Estado.

Reloxo 09.02.2010 | 10:01

Un electrodoméstico ao lado dos colectores lo lixo Un electrodoméstico ao lado dos colectores lo lixo. Flickr

Segundo o presidente de ADEN, Xavier González Pereira, a iniciativa partiu dun convenio de colaboración coa Fundación Ecolec, un sistema de xestión colectiva creada polas asociacións empresariais que representan ao sector de fabricantes e importadores de grandes e pequenos electrodomésticos.

A actuación da entidade, ademais de en Galiza, esténdese a Asturias, País Vasco e Navarra, de xeito que ás unidades rescatadas aquí –74.327– hai que engadirlle os 81.499 aparatos que se recolleron nestas zonas. Deles 27.007 son equipos de frío e 54.442 de lavado e cocción.

A iniciativa, que xa ten tres anos, consolidouse en 2009, xa que viu incrementarse nun 90 por cento o volume recollido respecto a 2008, ano no que se recolleron 42.705 unidades, o que representou un “salto cuantitativo” na campaña. Foi en 2008 cando Galiza rexistrou un crecemento notábel na reciclaxe de electrodomésticos situándose á cabeza en reciclado de frigoríficos por habitante.

ADEN agrupa a plataformas de distribuidores de electrodomésticos como Cenor, Milar, Grupo Radio, Activa Galicia Master, Ugesa, Grupo Expert e Vicosa que suman un total de 746 estabelecementos, 652 deles en Galiza e o resto distribuídos en Asturias, Navarra e País Vasco. Todas están adheridas ao Plan Renove de Electrodomésticos do fin de “fomentar” a redución do consumo enerxético nos fogares.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río