PUBLICIDADE
Domingo, 18 de maio de 2008
Serán en 2009 en Lisboa
Galiza aspira a participar nos Xogos Lusófonos

Redacción .  A directora xeral para o Deporte, Marta Souto, manterá unha xuntanza co Comité Olímpico Portugués para tratar varios temas, entre eles a posíbe participación das seleccións galegas nos Xogos da Lusofonía, que constan de oito disciplinas, entre elas fútbol, baloncesto ou atletismo.

 06.05.2008 | 14:10

Marta Souto, na rolda de prensa
Marta Souto, na rolda de prensa. E.P.

A directora xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Marta Souto, manterá este mércores en Lisboa unha reunión no Comité Olímpico Portugués, e posteriormente no Instituto do Deporte Portugués, cos máximos responsábeis do deporte luso para tratar diversos temas relacionados co deporte e, tamén, para falar de futuros acordos para fomentar o intercambio de experiencias a nivel deportivo entre os dous países.

Nesta reunión tratarase a posíbel participación de Galiza nos próximos Xogos da Lusofonía que se celebrarán en Lisboa no 2009, evento no que participan oito modalidades deportivas: atletismo, baloncesto, fútbol, fútbol sala, taekwondo, tenis de mesa, voleibol e volei praia.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
Vota
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264



Publicidade:
Tel. 986 43 38 30
PDF  Descargar Tarifas


publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil