Redacción . O grupo Fuxan os Ventos regresará ao auditorio do parque de Castrelos 21 anos despois da súa última actuación e dará un concerto mañá ás 23.00 horas, onde presentará o seu espectáculo 'Terra de Soños', que contará coa participación de artistas invitados como Rodrigo Romaní ou Uxía, entre outros.
Nova imaxe de Fuxan os Ventos
Unha das integrantes do grupo, Tereixa Novo, explicou en Vigo que no recital se presentará unha actualización da discografía da formación musical ao século XXI. "Actuamos acompañados por unha banda e contamos coa colaboración de importantes artistas galegos", precisou.
Pola súa banda, o edil de Cultura do Concello de Vigo, Xesús López, destacou que Fuxan os Ventos é un grupo "mítico que forma parte do pasado e o presente" da cultura do país. "Co seu espectáculo faranos recordar a todos aqueles que vivimos os anos 70 como atopar luz e esperanza no medio das tebras existentes nese momento político", afirmou, para destacar o "compromiso" con Galiza que demostra a formación musical.
Descargar Tarifas