Redacción . O fundador do PP e ex presidente da Xunta di que os cambios nas datas das eleccións sempre resultan 'sospeitosos' e abre a porta a un pacto do seu partido cos nacionalistas galegos sempre que sexa 'dentro de España e non en contra'.
Sobre esta cuestión, Fraga declarou a RNE que os 'populares' galegos e o BNG "poderían entenderse ata certo punto", sempre que a defensa dos intereses da comunidade se inscriban no marco estatal, "non en contra de España, dentro, a favor", matizou, tras citar o exemplo do ex presidente do Goberno, José María Aznar, e o seu pacto "cos máis moderados -Convergència y Uniu e PNV- "para facer na súa peor lexislatura unha boa política". A este respecto, destacou como "lícito" todas as actuacións que impliquen "servir a Galicia un pouco menos mal". Fraga recoñeceu "non estar entusiasmado" cos tres anos de Goberno bipartito en Galiza, aínda que insistiu en non pronunciarse máis a fondo sobre esta materia por considerar "unha vergoña" os ataques continuados doutros políticos. Nesta liña referiuse ao proxecto da Cidade da Cultura para negar que o seu obxectivo fora "facer un mausoleo". "Non fixen nada para mi", agregou. Preguntado sobre as conclusións do consello de contas de 2005, instou a que "proben" toda as cuestións observadas e "actúen conforme á lei". O ex presidente galego manifestou, en relación á Bolsa de Aluguer, que en Galiza "nunca faltaron pisos ata que chegou a crise". Tamén considerou "esaxerada" a lexislación que impide construír a menos de 500 metros do litoral.
O senador Manuel Fraga.
O presidente fundador do PP, Manuel Fraga, asegurou nunha entrevista concedida a Radio Nacional de España que todo adiantamento electoral é "sempre sospeitoso", malia evitar pronunciarse sobre esta cuestión. Quen fora presidente da Xunta durante 16 anos confiou en que o líder do PPdeG teña "moito éxito" nos próximos comicios dado que como subliñou "ten un bo equipo".
Descargar Tarifas