PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
O Ibex-35 perde máis do 2,6 por cento
Forte retroceso en todas as bolsas do mundo

Redacción .  O datos de desemprego dos EE.UU. foron determinantes no afundimento das bolsas, entre as que tampouco se salvou a de Madrid. O Ibex-35 cedeu máis do 2,6 por cento, equivalentes a 263 enteiros, deixando o índice bolsista español en 9.643 puntos.

Reloxo 02.07.2009 | 18:20

Indicador Nasdaq Indicador Nasdaq

Cando parecía que se consolidaban as ganancias, chegaron os fortes retrocesos que non deixaron indiferente a ningún parqué europeo. Os maiores castigos sufríronos os grandes bancos, que cederon unha parte importante das ganancias acadas ao longo dos últimos días. O Banco de Santander retrocedeu o 3,75 por cento, mentres que BBVA deixouse o 3,5 por cento, en tanto que Telefónica recortaba o seu prezo en máis de dous puntos porcentuais.

Dos valores galegos, houbo un, Endesa, que se salvou da creba bolsista ao apuntarse até seis décimas porcentuais, mentres que pola contra Inditex deixábase o tres por cento do seu valor.

Resto de mercados

Nas restantes prazas europeas impuxéronse as vendas de xeito radical, con caídas de perto de catro puntos porcentuais para o indicador de Frankfurt, mentres que o de París baixaba máis do tres por cento. Medio punto menos se deixaba Londres que cedía o 2,5 por cento.

Á hora do peche dos mercados continentais non ían moito mellor as cousas en Wall Street. Os índices americanos rexistraban importantes descensos superiores aos dous puntos porcentuais no caso do Dow Jones de Industriais e de máis do 2,5 por cento que caía o tecnolóxico Nasdaq.

O petróleo cotizábase en consonancia coas bolsas. O barril de cru do Mar do Norte pagábase lixeiramente por debaixo dos 66 dólares no mercado londiniense, rexistrando unha caída superior ao catro por cento con relación ao peche da sesión de onte.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río