PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Celébrao cun acto feminista no Museo do Mar
'Festa de palabra silenciada' cumpre 25 anos

Redacción .  A FIGA (Feministas Independentes Galegas), celebran hoxe os 25 anos da aparición da súa publicación, 'Festa de palabra silenciada', e da Cultura Feminista en Galiza cun acto no Museo do Mar.

Reloxo 05.02.2010 | 11:14

María Xosé Queizán María Xosé Queizán. Paco Vilabarros

Será ás 20h00 cando teña lugar esta cita na que intervirán Marga Romero, Mónica Bar, Carlos Bernández, Marga R. Marcuño, Ramón Nicolás, María Xosé Queizán, acompañadas por Iolanda Veloso, concelleira de Igualdade do Concello de Vigo.

Dende 1983 Festa da palabra silenciada é unha revista de cultura producida por FIGA e dirixida por María Xosé Queizán que tivo como cometido “sacar da escuridade a escrita feminina e as teorías feministas vixentes nese momento”.

Até 1998 a publicación foi elaborada integramente por mulleres pero a partir desta data o seu contido foise ampliando reflectindo unha panorámica do pensamento feminista e explorando dende unha óptica aberta e crítica a literatura do noso país incidindo na autoría feminina.  A partir do número 14 Festa de palabra silenciada abre as súas páxinas á participación masculina.

Esta publicación destaca tamén polos seu pluralismo cultural e lingüístico, con páxinas adicadas a escritoras doutras comunidades publicadas no idioma orixinal e en galego na procura “dunha correcta comunicación”.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río