M. V . O líder do PP non pagou as taxas municipais do seu piso en Vigo. Ademais, negouse a identificar o condutor que infrinxiu o código víal e aparcou no medio da calzada; segundo figura no BOP.
O próximo presidente da Xunta de Galicia acumula até cinco citacións oficiais por multas. O nome de Alberto Núñez Feixóo figura no Boletín Oficial de Pontevedra (BOP) por infrinxir as normas de tráfico e dos tributos do lixo. As multas de tráfico do líder conservador foron inicialmente desveladas polo xornal Público. Son, polo menos, tres. Aparcamento e negarse a identificar ao condutor infractor O 28 de Xullo de 2008 o seu automóbil particular, que segundo o citado diario é un Audi A4, foi sancionado por violar a obriga de identificar ao condutor responsábel da infracción. A multa imposta pola oficina municipal de tráfico de Vigo é de 210 euros. Ademais, o 3 de Marzo de 2008 o automóbil foi sorprendido aparcado nunha zona de carga e descarga, polo que recibiu unha sanción de 63,7 euros. En novembro de 2007 Feixóo foi sancionado por violar o artigo 91.2 I do código de circulación, que penaliza aos que estacionen no medio da calzada. O importe é de novo 63,7 euros. O feito que as multas estén no Boletín indican que o político presuntamente non pagou as multas no prazo previsto, polo que a administración procede a publicalas como paso inicial do expediente sancionador previsto. Avisos por non pagar as taxas do lixo urbano en Vigo O presidente do PPdeG acumula, ademais, outros apercibimentos por presuntamente infrinxir os pagos establecidos Padrón Fiscal da Taxa Lixo Viviendas de Vigo. Como o concello non lle puido comunicar a Feixóo a infracción no seu piso do centro da cidade olívica, fai público o seu nome en dous listados, un publicado o 28 de agosto de 2002 e outro o 3 de setembro de 2003.
Alberte Núñe Feixóo.
Descargar Tarifas