PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
anxo LORENZO APLáUDEa
Feixóo, estrañado pola demanda do Consello da Cultura

M. V O presidente da Xunta mostrou a súa sorpresa pola petición do Consello da Cultura Galega (CCG) para que se desenvolva o Plan de Normalización. Malia que agradeceu a iniciativa, Alberto Nuñez Feixóo destacou que é 'a primeira vez' que o Consello presenta unha proposta así.

Reloxo 26.11.2009 | 13:48

Ramón Villares e Vítor Freixanes en rolda de prensa Ramón Villares e Vítor Freixanes en rolda de prensa. AGN

O CCG lanzaba o venres un texto “firme pero respectuoso” no que se reclama a creación dunha comisión no Parlamento. Esa comisión encargada de desenvolver por consenso o Plan de Normalización, aprobado por unanimidade na era Fraga.

O PPdeG amaga con reformar o Plan no lugar de desenvolvelo

Cómpre ter en conta que a nova Xunta do PP segue a relativizar a importancia do Plan. Tanto Feixóo como o conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, afirmaron moitas veces que o Plan non é unha Lei e que, polo tanto, pódese cambiar. Vázquez mesmo chegou a cualificalo na Cámara como simple “revoltallo de ideas”.

Polo que se desprende da rolda de prensa de Feixóo tras o Consello do Goberno, a petición do CCG non sentou demasiado ben no Executivo.

Aínda non tratou o asunto con Vázquez

Así Feixóo lembrou que no CCG nunca se pronunciara sobre reformas legais en ocasións anteriores. O mandatario tamén informou que, unha semana despois, segue sen abordar a petición con Vázquez, o conselleiro responsábel da polémica política lingüística do PP.

Lorenzo aplaude ao Consello mentre Feixóo marca distancias

O líder conservador reiterou o seu compromiso co idioma mediante o que definiu como “normalización cordial”.

Mentres Feixóo marcaba distancias coa proposta do Consello, o seu secretario de Política Linguística, Anxo Lorenzo, cualificaba a iniciativa de "positiva".

 

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río