PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
‘Hai que ordenar e non prohibir’
Feixóo considera ‘absurda’ a lei de costas do bipartito

Redacción .  O presidente da Xunta cualifica de ‘absurda’ a lei de costas do bipartito porque estabeleceu prohibicións en zonas ‘xa consolidadas’ e provocou, entre outras cousas, que ‘Pescanova tivera que marchar a Portugal’ para poñer en marcha o seu proxecto acuícola de Touriñán.

Reloxo 29.04.2009 | 09:20
TAGS: Feixóo , Costas , Touriñán ,

A Xunta autoriza en setembro a construción dunha piscifactoría en Touriñán e anula catro dos proxectos acuícolas aprobados polo bipartito A Xunta autoriza en setembro a construción dunha piscifactoría en Touriñán e anula catro dos proxectos acuícolas aprobados polo bipartito

Alberte Núñez Feixóo pensa que a Lei de Costas foi unha campaña de imaxe do bipartito. Segundo manifestou nos micrófonos da COPE este martes, a norma é “absurda” porque estabelece prohibicións en zonas urbanísticas xa consolidadas: “non é lóxico prohibir a construción nunha zona onde diante xa hai edificios de catro, cinco e até seis alturas”.

O presidente da Xunta comprometeuse a aprobar antes de fin de ano o seu ‘plan do litoral’ para facer o que considera un “urbanismo ordenado” sen prohibicións. De acordo coas súas declaracións ao polémico xornalista Jiménez Losantos, a lei do bipartito dedicouse a “paralizar por paralizar” provocando, entre outras cousas, que “Pescanova tivera que marchar a Portugal” para poñer en marcha o proxecto acuícola que quería instalar en cabo Touriñán, patrimonio natural da Costa da Morte.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río