PUBLICIDADE
Xoves, 09 de setembro de 2010
SE NON HAI ACORDO ESTA LEXISLATURA
Feixóo apoia un referendo sobre 'La Coruña'

Manuel Vilas Cambiar a Lei de Normalización aprobada por Fraga tampouco sería un obstáculo insalvábel se o 'L' gaña unha votación popular ou hai acordo no Concello, argumenta un presidente da Xunta encantado de afondar na división do PSdeG sobre o polémico topónimo.

Reloxo 01.10.2009 | 13:22

Alberte Núñez Feixóo en rolda de prensa Alberte Núñez Feixóo en rolda de prensa. Jessica Barcala/AGN

Os conservadores galegos están a aproveitar a nova polémica sobre o topónimo da Coruña desatada tras as declaracións do alcalde socialista Xavier Losada. Hoxe o presidente da Xunta mostrouse a prol de que, se non hai acordo no Concello esta lexislatura, se someta a referendo a legalidade de 'La Coruña'.

A Lei de Normalización non é un obstáculo para Feixóo

Un topónimo que sería ilegal de acordo a Lei de Normalización vixente, aprobada por unanimidade na época na que o PPdeG de Manuel Fraga dominaba por maioría P parlamento. Alberto Nuñez Feixóo recoñeceu en rolda de prensa este obstáculo, pero mostrouse aberto a reformar a norma se hai demanda social.

“Non hai que terlle medo porque os cidadáns opinen” proclamou Feixóo na rolda de prensa tras o Consello da Xunta nunha das súas habituais declaracións de grandes principios.

Afondando na fenda do PSdeG

O presidente da Xunta apoia a proposta do referendo “se non se pode chegar a un acordo no que queda de lexislatura municipal”. Feixóo mesmo se mostrou disposto a legalizar 'La Coruña' xa. Iso si, reclamou antes que o Concello da Coruña adopte unha decisión por maioría no seu pleno e que esa decisión “respecte a opinión da maioría dos cidadáns”.

As declaracións de Feixóo buscan avivar a polémica no PSdeG. Este partido goberna na Coruña gracias ao apoio do Bloque. O alcalde Xavier Losada desatou a tormenta mediática esta fin de semana, ao mostrarse a prol de legalizar 'La Coruña'. Opción que rexeitan de fronte tanto o BNG como o sector galeguista dos socialistas, grupo de presión que mesmo fixo rectificar ao seu secretario xeral. Así, Manuel Vázquez dixo o luns que o PSdeG apoiaba a cooficialidade se había consenso, pero o mércores corrixiuse e argumentou que A Coruña é o único topónimo válido porque non hai demanda social para cambialo.

'La Coruña' é normal na rúa, segundo Feixóo

Argumentación contraria a de Feixóo. “Ninguén está en contra do topónimo A Coruña, a cuestión é se legalizamos o outro topónimo que é utilizado con normalidade nas rúas”, dixo esta mañá en Santiago.

Por que non 'Sangenjo'?

Modificar a Lei de Normalización para admitir 'La Coruña' abriría a porta a rescatar outros topónimos deturpados como 'Puentecaldelas' ou 'Sangenjo'. Preguntado sobre este risco, Feixóo recoñeceu que non se trata dun debate “prioritario” pero que hai varios municipios que xa teñen acordos plenarios nos que se solicita un cambio do topónimo.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río