Redacción . O presidente do PPdeG, Alberte Núñez Feixóo, considera que o PPdeG representa ‘a responsabilidade que non exerce a Xunta e as ideas das que carece o Goberno’ e opina que o bipartito é ‘unha moda pasada’.
Alberto Núñez Feixóo. AGN
Durante unha xornada de traballo do PP da Coruña, o líder dos 'populares' galegos aseverou que Galiza non se pode permitir outros catro anos de "bicefalia inútil e incompetente" e invitou os cidadáns a preguntarse "se viven mellor agora" e "se gozan de maiores cotas de liberdade".
Neste sentido, aludiu á situación dalgunhas infraestruturas galegas, como o AVE, "con cero quilómetros", e as autovías "cun quilómetro ao mes"; a sanidade, "con 300.000 galegos en lista de espera"; o emprego, "cunha Xunta que promete crear 30.000 empregos e destrúe 10.000"; e da "fuga de empresas".
Por todo isto, Núñez Feixóo defendeu que o futuro político do país "é a renovación constante do PPdeG durante os tres últimos anos"; situación que contrapuxo co "papel ausente" do Goberno galego. Algo que, ao seu xuízo, proba que "está cada vez máis afastado dos cidadáns".