PUBLICIDADE
Martes, 08 de xullo de 2008
Mostra de produtos autóctonos
Feira Galiza Sustentábel en Moaña e Cotobade

Redacción .  O programa de feiras Galiza Sustentábel 2008 recala o 17 de maio en Moaña e o 18, en Cotobade. Os concellos de Rodeiro, A Lama, A Estrada, Forcarei, Ponteareas e Pontevedra tamén mostrarán produtos agro-gandeiros, artesanía, tradición e patrimonio inmaterial.

Reloxo 16.05.2008 | 07:32

Posto de froita nun mercado Posto de froita nun mercado. Flickr:Arantxata

Logo de pasar polo Concello de Cerdedo no mes de febreiro, as feiras sustentábeis continúan co labor de promoción, potenciación e revalorización dos produtos tradicionais e artesanais. Os postos de exposición e venda de produtos naturais ou ecolóxicos e de diversos produtos do agro están acompañados polas mostras de artesanía, que poñen en valor os oficios esquecidos polo tempo e que até hai non moito formaban parte da vida rural galega.

Este sábado Galiza Sustentábel chega a Moaña baixo o nome IV Feira Tradicional ARTEnaILLA. Organizada pola Asociación Cultural MEIRAMAR-AXÓUXERES, desenvólvese na Illa do Samertolameu e acolle a venda directa de produtos de campo e de produtos artesanais, ademais de exposicións, talleres, artesanía, gastronomía tradicional.

O domingo recala en San Xurxo de Sacos, no Concello de Cotobade, organizada pola Concellaría de Promoción Económica, Turismo e Vivenda. Esta Feira de Cuspedriños trata de recuperar o mercado dos anos cincuenta e sesenta con exposición de produtos artesanais e agro-alimentarios, gastronomía da comarca e con actividades culturais.

En todas as actividades colabora a Consellaría do Medio Rural.

Próximas datas
O 20 de xullo, en Rodeiro.
O 23 de agosto, na Lama
Do 10 ao 11 de outubro, na Estrada
A finais de outubro e principios de novembro, en Forcarei
Do 1 ao 2 de novembro, en Ponteareas
Do 15 ao 16 de novembro, en Pontevedra
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil