PUBLICIDADE
Luns, 06 de setembro de 2010
9M. Pese as reticencias iniciais
Feijóo anuncia que irá ao debate

Xurxo Salgado A pesar de non ter chegado a un acordo esta tarde, o líder do PPdeG anunciou hoxe que irá ao debate coas 'condicións' de Touriño.

Reloxo 26.02.2008 | 20:01
TAGS: 9M , debate , TVG ,

Escenario do debate da TVG Escenario do debate da TVG. AGN O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe que acudirá ao debate deste mércores con Touriño e Quintana pero ironizou sobre as condicións impostas polo presidente galego. “Xa postos que impoña o 100% dos aspectos do debate”, asegurou.

A pesar da tensión provocada pola negativa dos populares a aceptar todas as condicións impostas dende a TVG; lugar, hora, temas e moderador do de bate, Feijóo afirmou que el asistirá a cita de mañá “por respecto á maioría que representa en Galicia”.

“Que o decida todo Touriño”

O líder dos populares galegos asegurou así que unha vez que o PSOE decidiu quen modera, onde é o debate “que remate el o traballo e decida quen abre, quen pecha, onde quere sentarse el e que mo comunique”.

Os populares reclamaron hoxe, durante unha xuntanza que tivo lugar durante a tarde na CRTVG, que fora, precisamente, Feijóo quen rematara a quenda final de intervencións por ser a forza máis votada. Unha petición que rexeitaron os socialistas que, en troques, propuxeron que esta cuestión fora decidida por sorteo.

“Caras pesimistas”

Logo de horas de negociación, as tres grandes forzas políticas galegas erguéronse da mesa de negociacións sen chegar a ningún acordo e con “caras pesimistas”, segundo apuntaron a A Nosa Terra asistentes a esa reunión.

Logo de un cruce de chamadas entre o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, -que asistiu a esa xuntanza-, e o propio Feijóo, foi este quen decidiu, finalmente acudir ao debate e “dar a cara” a pesar das “cambadelas postas por Touriño e os seus”.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río