PUBLICIDADE
Martes, 08 de xullo de 2008
Médico do Celta e da selección española de fútbol
Falece o traumatólogo Xenaro Borrás

Redacción .  O traumatólogo vigués Xenaro Borrás Sanjurjo finou esta madrugada en Vigo como consecuencia dun cancro aos 62 anos de idade. O que fora médico do Real Club Celta e da selección española de fútbol será incinerado o venres, ás 13h nun tanatorio da cidade.

Reloxo 15.05.2008 | 13:13

Xenaro Borrás, á dereita, con Fernando Torres nun partido de España Xenaro Borrás, á dereita, con Fernando Torres nun partido de España

Xenaro Borrás Sanjurjo, un dos maiores especialistas do Estado en medicina deportiva na especialidade de traumatoloxía e cirurxía ortopédica, finou esta madrugada por mor dun cancro que lle detectaran hai uns meses. Ademais de ocupar o cargo de xefe médico do Real Club Celta de Vigo durante máis de 25 anos, Borrás exerceu de médico da selección española de fútbol dende o 1991 até que a enfermidade lle impediu continuar co labor. Ás 13h do venres será incinerado no tanatorio de Pereiró.

Nado en Vigo o 26 de outubro de 1945, Borrás licenciouse en Medicina pola USC e especializouse en Traumatoloxía e Cirurxía Ortopédica na Complutense de Madrid. Como médico da Selección Española de Fútbol, Xenaro Borrás viviu acontecemntos deportivos como os Xogos Olímpicos de Barcelona, varias Eurocopas e Mundiais. Ademais, fundou a Asociación de Médicos de Fútbol.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil