PUBLICIDADE
Mércores, 07 de xaneiro de 2009
As consecuencias para a sociedade
Falan os convocantes do paro de transportes

Redacción .  A folga patronal do transporte está a dividir a sociedade. Gandeiros –a través de Sindicato Labrego Galego e Unións Agrarias– e gasolineiras quéixanse das consecuencias, mentres a Plataforma da Defensa do Transporte defende o seu dereito a mobilizarse.

Reloxo 14.06.2008 | 07:35
TAGS: transporte , folga , agro , SLG , Unións , gasóleo , crise ,

O parto do transporte en Galiza pola crise do gasóleo. Bocixa e Raquel Rey O voceiro da Plataforma da Defensa do Transporte de Mercadorías por Estrada, Antonio Llanos, reclama neste vídeo de A Nosa Terra TV que "o Goberno cumpra a lei". "O libre mercado é dos prezos mínimos para arriba, por debaixo é 'dumping'", argumenta. Llanos denuncia que o Ministerio non está a negociar cos transportistas autónomos e cifra en cen mil os representados por esta asociación.

Dende outro colectivo do sector, FEGATRAMER admítese que non todas as asociacións queren fixar un prezo mínimo por quilómetro, como reclaman os convocantes do paro patronal. Tamén se pide que os propios transportistas non traballen por debaixo dos custes.

Nervios dos consumidores

O vídeo recolle os problemas que están a sufrir as gasolineiras, algunha das cales xa ficaron sen reserva. "Moita xente levou máis do que necesitaba, por medo á folga", sinalan dende a Área de Servizo Os Carballos. O sector do leite é outro dos máis prexudicados. Xosé Manuel Calvo, da Executiva do Sindicato Labrego Galego, denuncia que os gandeiros están a perder moitos cartos despois das mobilizacións dos meses pasados. Dende Unións Agrarias, Xabier Igrexas, destaca que periga a alimentación do gando, especialmente as cabezas que só comen pensos.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2009 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Rúa Laverde Ruíz, 6. Baixo esquerda
15702. Santiago de Compostela.
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil