PUBLICIDADE
Sábado, 22 de novembro de 2008
REPERCUSIÓNS EN GALIZA
Fadesa débelle 300 millóns a Caixa Galicia

Redacción .  Caixa Madrid e La Caixa son as máis afectadas pola crise da inmobiliaria coruñesa, da que Caixanova é accionista minoritario.

Reloxo 16.07.2008 | 07:45

 Xosé Luís Méndez, director de Caixa Galicia Xosé Luís Méndez, director de Caixa Galicia A débeda de Martinsa Fadesa, que anunciou o luns un concurso de acredores, suma 5.200 millóns. Entre os principais afectados están Caixa Madrid (900 millóns) e La Caixa (700). A continuación figuran Banco Popular (400), Caixa Catalunya (300 millóns) e Caixa Galicia (300).

As tres entidades máis involucradas (Banco Popular, Caixa Madrid e La Caixa) anunciaron o martes que aportarán un total de 542 millóns.

Pola súa banda, Caixa Galicia tamén anunciou unha medida idéntica, con 78 millóns, que xa apuntara a cargo dos orzamentos do semestre pasado.

Caixanova no Consello de Administración

Caixanova está afectada na súa condición de accionista. A entidade invertiu no capital da inmobiliaria cando a OPA de Martinsa cara a constructora galega Fadesa.

A participación de Caixanova é limitada, menor ao 1%, suficiente en todo caso para estar representada no Consello de Administración da inmobiliaria.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Rúa Laverde Ruíz, 6. Baixo esquerda
15702. Santiago de Compostela.
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil