Redacción . Esta mostra, que se acaba de inaugurar, amosa os proxectos que está a desenvolver a Cooperación Galega en países de África e de América Latina.
Esta actividade, que leva por título "Achégate!", abrangue tamén a actuación dun contacontos e a organización de charlas informativas sobre o traballo das ONGs. Organizada pola Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galiza (dependente da consellaría do Medio Rural), e mais a Dirección Xeral de Cooperación Exterior, estará aberta ao público na sede do Centro Comarcal de Terra de Trives, na Pobra de Trives, de luns a venres de 10.00 a 14.30 horas e de 16.00 a 19.00 horas, e os sábados entre as 10.00 e as 14.00 horas. Despois de pasar por Terra de Trives, a mostra pasará polas comarcas da Paradanta, do 16 ao 30 de setembro; do Carballiño, do 3 ao 19 de outubro; de Terra de Celanova, do 1 ao 15 de decembro; e de Bergantiños, do 17 ao 31 de decembro. Xa no ano 2009, a campaña continuará nos centros comarcais de Valdeorras, do 15 ao 31 de xaneiro, de Ordes, do 3 ao 17 de febreiro, e de Tabeirós–Terra de Montes, do 1 ao 15 de xuño.
Unha contacontos, outra das actividades paralelas de 'Achégate!'