Redacción . A secretaria xeral de Igualdade, Carme Adán, presentou un novo programa informático para evitar a linguaxe sexista na Administración. Bautizada como 'Exeria', esta ferramenta facilitará o uso de termos lingüísticos non discriminatorios.
O obxectivo básico desta aplicación chamada Exeria é, segundo a secretaria xeral de Igualdade, elaborar un dicionario/glosario lingüístico de linguaxe non sexista “para facilitar a mellora no uso dunha linguaxe non discriminatoria”. O proxecto, no que traballaron conxuntamente Vicepresidencia e a Consellaría de Innovación e Industria facilitará a revisión lingüística dos textos e ofrecerá alternativas para un uso non sexista da linguaxe. Exeria, que traballa con 1.000 termos tirados do corpus total de 129.282.184 palabras do corpus da administración, é unha aplicación informática que detecta termos susceptíbeis dun uso sexista e propón diferentes xestións e alternativas. A selección de termos está baseada nun uso actual da lingua apoiándose na análise de textos do ámbito da Administración. Exeria intégrase no OpenOffice.org para permitir a interacción da ferramenta na elaboración de documentos. Na web www.exeria.net existe un buscador de termos que permite consultar as solucións ás dúbidas máis habituais.
Carme Adán, deputada do BNG.
Descargar Tarifas