PUBLICIDADE
Martes, 08 de xullo de 2008
O estado ten o 51% das accións
Evo Morales nacionalizou a filial de Repsol YPF

Redacción .  Cumprindo un anuncio que xa ten máis dun ano o presidente boliviano vai poñendo en marchas as súas medidas de nacionalización. O estado tomará a maioría das accións de tres firmas petroleiras, entre elas a filial de Repsol.Morales puxo á empresa española como 'símbolo de empresa que dialoga e concerta'.

Reloxo 01.05.2008 | 18:25

Evo Morales, presidene de Bolivia Evo Morales, presidene de Bolivia

O goberno boliviano asumiu hoxe o control da Petroleira Andina, subsidiaria de Repsol-YPF, coa compra das accións que lle permiten a Yacimientos Petrolíferos Fiscales Bolivianos (YPFB) a maioría do paquete accionarial (51%).

O documento de compravenda foi asinado polo representante da hispano-arxentina Repsol-YPF, Tomás García Branco, co seu homólogo da estatal boliviana, Santos Ramírez, en presenza do presidente Evo Morales.

O ministro de Hidrocarburos, Carlos Villegas, anunciou a transferencia ao estado boliviano do 50% máis un do paquete de accións da empresa petroleira Andina, filial de española Repsol YPF, o que permitirá á estatal Xacementos Petrolíferos Fiscais Bolivianos (YPFB) compartir a administración de 12 campos petroleiros.


Repsol socia

Repsol manterase como socia da estatal, sinalou Villegas. O anuncio produciuse logo de varias horas dunha reunión de urxencia do presidente Evo Morales cos seus ministros, tras cumprirse o mércores o prazo que deu o goberno boliviano a catro transnacionales petroleiras para transferir as súas accións á empresa estatal.

Villegas non se pronunciou en relación a que ocorrerá coas outras tres petroleiras: Chaco da británica British Petroleum, de exploración e explotación igual que Andina, e a transportadora Transredes xestionada pola británica Ashmore e a Compañía Loxística de Hidrocarburos Boliviana, de capitais peruanos e alemáns.

A firma do convenio de compra de accións con executivos da empresa española pon fin a dous anos de negociacións, logo da nacionalización de hidrocarburos. O presidente Morales agradeceu ao goberno español por facilitar as negociacións e puxo a Repsol como ''símbolo de empresa que dialoga e concerta''.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil