PUBLICIDADE
Sábado, 04 de xullo de 2009
Publicado en 'Nature'
Estudo galego sobre os ovos azuis

Redacción .  A famosa revista científica británica recolle unha investigación da investigadora da Universidade de Vigo Judith Morales. A bióloga demostrou que as femias do papamoscas pigmentan os ovos para atraer aos machos malia o custe que isto lle supón para a súa propia saúde.

Reloxo 15.10.2008 | 10:47
TAGS: i+d+i , Uvigo , Bioloxía ,

Ovos azuis do papamoscas negro Ovos azuis do papamoscas negro. Uvigo

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

Malia o que poida parecer, os ovos de cor azul non son un fenómeno illado no medio natural. Os merlos ou os estorniños son algúns dos paxaros que fan postas desta cor pero o proceso de pigmentación e as súas consecuencia aínda están a ser estudadas.

Precisamente un estudo de Judith Morales, investigadora da Universidade de Vigo, e os seus colaboradores, vén de ser recollido pola edición dixital da prestixiosa revista científica internacional Nature.

A publicación fíxose eco da investigación de Morales centrada na conduta das aves. O seu traballo sobre o custo para femias de papamoscas negro da posta de ovos azuis chamou a atención da publicación británica que o recolleu entre as cinco novas destacadas da pasada semana.

Investigadora de posdoutoramento, Morales traballa no Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal. O seu estudo foi publicado na revista Behavioural Ecology and Sociobiology e posteriormente seleccionado por Nature.

Os ovos azuis do papamoscas negro

O interese de Nature espertouno unha investigación sobre a cor azul dos ovos de determinadas aves. Concretamente, Judith Morales céntrase no custe que ten para as femias de papamoscas negro o feito de darlle esta cor, xa que a responsable do pigmento é a biliverdina, un antioxidante de enorme importancia para certas funcións vitais da ave.

Segundo explica a investigadora, “a idea de investigar a cor azul dos ovos é recente, comezou en 2003 cando uns colaboradores propuxeron a hipótese de que a cor podería funcionar como un sinal das femias para os machos, un sinal de calidade para inducilos a traballar máis, xa sexa calidade da femia ou do propio ovo”. Xa se tiña comprobado que sinaliza a calidade, pero o traballo que se vén de publicar trata de determinar as consecuencias que isto supón para a proxenitora.

Deste xeito, “demostramos que a cor é custosa en termos de antioxidantes para a femia e isto pode repercutir na súa saúde, xa que pode implicar ter menos defensas ante o estrés oxidativo”, explica, “si as aves usan os antioxidantes para darlle cor aos seus ovos redúcese a súa cantidade para outras funcións vitais”, o que poder supoñer un maior risco de enfermidades e un envellecemento progresivo das células xa reduce a capacidade de defensa e de mantemento corporal.

Metodoloxía de traballo

A posta de ovos azuis é algo moito máis habitual do que semella. Especies como os merlos, os estorniños ou os paporrubios pertencen a este grupo, pero o traballo céntrase no papamoscas negro, unha ave migradora subsahariana. Este tipo de estudo faise sobre determinadas poboacións de aves nas que o coidado parental depende dos dous sexos e durante tres meses o traballo de campo, desenvolto no val do Lozoya, en Madrid, permitiulle á investigadora obter os datos precisos para realizar a análise de antioxidantes, método desenvolto polo grupo de investigación de Alberto Velando na Universidade de Vigo.

Segundo explica Morales, o estudo de campo realizouse no hábitat natural dos paxaros, para o que se instalaron caixas-niño e se fixeron dous grupos, un experimental e outro de control. As femias do primeiro deles foron sometidas a unha situación de estrés obrigándoas a construír un segundo nido. “O que fixemos foi retirarlles o niño unha vez rematado para que tivesen que poñer en pé outro para poder realizar despois a posta dos ovos. Ante unha situación de estrés as femias precisan unha maior cantidade de antioxidantes e ese é o momento máis apropiado para poder observar o custe ”. Para isto tomáronselle mostras de sangue para estimar os antioxidantes e mediuse a cor dos ovos cun espectro fotómetro portátil e “atopamos o que agardábamos, unha asociación negativa entre a cor azul e os antioxidantes das femias experimentais”.

Outro resultado importante que se desprende do estudo vincula o éxito da reprodución coa intensidade da cor dos ovos, “as femias experimentais sacaron adiante un maior número de polos, é dicir, tiveron máis éxito reprodutor”.

Deste xeito, Judith Morales demostra a hipótese inicial da existencia dun custe, xa que “se fose un pigmento que non lle custase nada ás femias e fose beneficioso esperaríamos que todas puxesen ovos coa mesma intensidade”, conclúe.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario. Grazas pola súa participación.
 
© 2009 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Rúa Laverde Ruíz, 6. Baixo esquerda
15702. Santiago de Compostela.
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río