PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
'Palíndromo' e 'O máis rico (do cemiterio)'
Estrea en Pontevedra de dúas curtametraxes

Redacción .  Hoxe estréanse dúas curtametraxes na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra. Unha delas titúlase 'Palíndromo' e está dirixida por Eva Quintas Froufe. A outra, 'O máis rico (do cemiterio)' vai asinada por Jorge Fernéndez Pérez.

Reloxo 13.06.2008 | 07:32

A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra acolle mañá a estrea das curtametraxes Palíndromo e O máis rico (do cemiterio). A primeira delas está dirixida por Eva Quintas Froufe e tenta plasmar o mundo a través da ollada dunha cativa.

Con aspectos autobiográficos, a directora afonda cunha estrutura palindrómica no universo paralelo dos nenos onde se magnifica o insignificante e se simplifica o de maior importancia. Conségueo a través de Ana, unha nena de 10 anos que acaba de conseguir un dos seus soños.

A outra película que se estreará mañá titúlase O máis rico (do cemiterio), na que Jorge Fernárdez Pérez retrata a morte como unha oportunidade de mellorar a vida. A película foi rodada no casco vello de Pontevedra, o cemiterio municipal e a Funeraria Sempsa.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río