PUBLICIDADE
Mércores, 17 de marzo de 2010
O 25 de abril no Centro Galego
Estaleiro Editora aporta en Barcelona

Redacción .  A editorial galega leva xa tres días na cidade para dar a coñecer o seu proxecto de edición independente, ao tempo que presenta o poemario 'Máquina de guerra', da galega residente en Barcelona Raida Rodríguez.

Reloxo 24.04.2009 | 17:35

Portada de 'Máquina de guerra', de Raida Rodríguez Portada de 'Máquina de guerra', de Raida Rodríguez

O 22 de abril, o portavoz da editora, Carlos G. Figueiras, e a autora Raida Rodríguez Mosquera presentaron o proxecto na Facultat de Lletres da Universitat Autònoma, nun acto organizado polo Lectorado de Galego. Hoxe estarán no Espai Social Magdalenes, para presentar Máquina de guerra e a continuación dar paso a un recital galego-catalán aberto ás persoas interesadas, nun acto organizado polo Espai Gallec dels Països Catalans.

Por último, este sábado 25 de abril, o Centro Galego de Barcelona acolle, ás 18.00, a presentación de Máquina de guerra. É o primeiro libro publicado por Raida Rodríguez Mosquera (Ourense, 1980). Estudou Filosofía en Compostela, e até agora publicara en revistas e na rede, no seu blog Punto de fuga, amais de participar en diversos recitais. No 2005 levou o primeiro premio do XIX Certame Rosalía de Castro, cun breve conxunto de textos incluídos agora nesta publicación.

"Máquina de guerra pretende dar conta das ameazas que atinxen a condición humana na contemporaneidade e desenvolve, neste sentido, unha acción reflexiva e rebelde que aspira a cuestionar e repensar as grandes categorías do pensamento e da acción política, sexa o xénero, a nación, a lingua, o poder ou a memoria", preséntana. Poderá ser, como as obras anteriormente publicadas en Estaleiro (Plan de fuga, de Alberto Lema; Fume / Insomnio, de Rubén Ruibal e Carlos Losada; e A revolução pendente, de Carlos Diegues) descargada libremente na páxina da editorial.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río