PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Comisión bilateral antes do remate de setembro
Estado e Xunta queren 'desatascar' as transferencias pendentes

Europa Press A comisión bilateral entre a Xunta e o Estado reunirase formalmente antes de que finalice o próximo mes de setembro para 'desatascar' a transferencia de competencias pendentes e completar as capacidades de autogoberno de Galiza que contempla o seu Estatuto de Autonomía.

Reloxo 30.06.2009 | 17:38

O presidente da Xunta, Alberte Núñez Feixóo. AGN

Así o confirmaron o titular do Executivo autonómico, Alberte Núñez Feixóo, e o vicepresidente terceiro do Goberno central e ministro de Política Territorial, Manuel Chaves, ao termo da reunión que ambos os mandatarios celebraron hoxe en Santiago de Compostela.

Tras o encontro, que se iniciou logo das 11.45 horas no Pazo de Raxoi, Feixóo e Chaves coincidiron na necesidade de "desbloquear" os traspasos "pendentes" do Goberno central á autonomía -con especial atención á inspección de traballo- e anunciaron a nova reunión da comisión bilateral.

Ademais das competencias en inspección de traballo -que Feixóo cualificou de "importantísima"-, a comisión de traballo entre a Xunta e o Estado abordará tamén o traspaso doutras competencias como a de arquivos e bibliotecas ou o saldo da débeda de superficie que a Administración central mantén sobre Galiza por transferencias xa realizadas.

Neste escenario, Feixóo amosouse partidario por "afondar" no desenvolvemento da Policía autonómica coa meta de "encher o autogoberno" de Galiza dentro dun contexto "constitucional e autonómico". "O compromiso é desatascar e iniciar con celeridade os traspasos que fortalezan o autogoberno galego", coincidiu Chaves.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río