PUBLICIDADE
Sábado, 22 de novembro de 2008
O mínimo actual situábase nos 20.000 euros
España eleva a 100.000 euros a garantía dos aforros

Redacción .  O presidente do Goberno central, José Luís Rodríguez Zapatero, anunciou o incremento da garantía mínima dos depósitos bancarios en España até os 100.000 euros. Ademais, crearase un fondo para mercarlle ás entidades financeiras activos 'de calidade' para garantir a liquidez do sistema.

Reloxo 07.10.2008 | 19:44

José Luis Rodríguez Zapatero José Luis Rodríguez Zapatero. Mike Segar/REUTERS

Arestora, o sistema estatal estabelecía un mínimo de 20.000 euros por titular e conta, a través do Fondo de Garantía de Depósitos (FGD) que pechou o 2007 cun montante total de 6.500 millóns de euros.

José Luís Rodríguez Zapatero asegurou que a decisión se adoptou “seguindo as recomendacións” da xuntanza dos ministros de Economía e Finanzas da Unión Europea (Ecofin) e reiterou a necesidade de levar a cabo accións acordadas no contexto comunitario.

Ademais, insistiu en remarcar a solidez das entidades de crédito españolas e sinalou que, a diferenza das medidas adoptadas noutros países, as decisións en España “non son de rescate” senón para “previr riscos e soster a actividade”.

Fondo do Tesouro

O xefe do Executivo central tamén anunciou un fondo do Tesouro para apoiar o financiamento de empresas por un importe inicial de 30.000 millóns de euros, ampliábel a 50.000 millóns. A medida pretende garantir a liquidez do sistema mercándolle activos de “máxima calidade” ás entidades financeiras.

En relación á xuntanza que mantivo o luns con representantes da banca española, Zapatero salientou a actitude “razoabelmente positiva” das entidades respecto á ampliación das garantías mínimas e agregou que a actuación do fondo será compatíbel coas normas do mercado interior europeo.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
 
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Rúa Laverde Ruíz, 6. Baixo esquerda
15702. Santiago de Compostela.
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil