Redacción . A asociación 'Escolas Católicas de Galicia' celebra hoxe no recinto feiral de Vilagarcía a súa terceira festa da Lingua. No acto participan 1.222 alumnos de distintos centros de toda Galiza que premiarán a distintos autores literarios e creadores de curtametraxes.
O recinto de Fexdega en Vilagarcía acolle o 'Día da Lingua' que organiza Escolas Católicas, unha entidade integrada na FERECECA, a Federación Española de Relixiosos da Ensinanza, que en Galiza aglutina a 125 centros de ensino. A festa, que forma parte das actividades de normalización lingüística dos centros, reúne arestora en Vilagarcía a 1.2223 escolares de Primaria, Secundaria e Bacharelato que participaron en distintas actividades lúdicas como obradoiros de manualidades, representacións teatrais e actuacións musicais. Un dos actos centrais desta celebración será o fallo do concurso literario no que os alumnos premiarán aos seus autores favoritos en catro categorías despois de ler as obras elixidas polos organizadores do centro entre as que se atopan 'Apertas de Vainilla' de Fina Casalderrey, 'O carteiro de Bagdag', de Marcos Sánchez Calveiro, 'O ceo dos afogados', de Francisco Castro, ou 'O único que queda é o amor', de Agustín Fernández Paz. Así mesmo, Escolas Católicas outorgará por vez primeira o Premio Martín Sarmiento o 29 de maio no Colexio Salesianos de Ourense a un autor de literatura galega adulta previa votación de pais e ex alumnos dos centros de Escolas Católicas. As obras propostas pola organización son 'Made in Galiza', de Senchu Sende, 'Así nacen as baleas', de Anxos Sumai, e 'Case perfecto', de Marina Mayoral.
Correlingua en Pontevedra.
Descargar Tarifas