PUBLICIDADE
Sábado, 04 de xullo de 2009
Continúa o serial de 'El Mundo'
Escola en Portugal para 'escapar' do galego

Redacción .  Co fin de eludir os 'temíbeis' inspectores da Xunta, un grupo de pais barallaron a posibilidade de construír unha escola no país veciño, a onde non chega a aplicación do decreto da Xunta que regula o uso do galego no ensino.

Reloxo 19.09.2008 | 12:14

Unha profesora impartindo a clase Unha profesora impartindo a clase. Paco Vilabarros Construír un colexio en Portugal, a poucos metros da fronteira, ou fundar unha escola dalgunha nacionalidade hispanoamericana son algunha das hipóteses que barallaron un grupo de pais que queren que os seus fillos estuden só en castelán.

El Mundo
continua coa saga 'Prohibido estudiar en español' e revélalle aos lectores as tramas das familias que desbotan o galego na escola. “Aos remedios caseiros, grupos de pais indignados pola situación sumaron varias iniciativas que non deron os seus froitos, como construír unha escola en Portugal, a poucos metros da fronteira con España, onde non chegaría a política lingüística da Xunta nin os seus temíbeis inspectores”, recolle a información do pasado día 8 de setembro.

“Tamén contactaron con algunhas embaixadas para fundar un colexio dalgunha das nacionalidades hispanoamericanas –como o Colexio Alemán, o Instituto italiano ou o Liceo Francés– cuxa única lingua vehicular fose unicamente o español”, engade.

O galego, dos pobres

Nunha das reportaxes publicadas, o periódico de Madrid chega a recoñecer que nos colexios privados a aplicación do decreto é mínima ou nula. “Mentres a escola privada goza dunha relativa manga longa, que serve de válvula de escape, sobre a pública cae todo o peso do galego”, recolle.

Ademais, o periodista compara a situación coa do Titanic “como no naufraxio do Titanic, os pasaxeiros máis humildes son as primeiras vítimas da inmersión”.

Visitar Sevilla para 'mellorar' o castelán
Noutro dos capítulos que El Mundo lle adica ao ensino en Galiza, o pasado mércores, o periódico publica as declaracións dunha nai que tal dicionario andante, resólvelle ao seu neno de dez anos as dúbidas que lle xorden, “o outro día fíxenlle un ditado e no canto de unos niños y unas niñas puxo unhos niños e unha niñas”. “O seu fillo representa o prototipo da nova xeración que xermola da inmersión lingüística no galego”, explica o xornalista.

A nai deste alumno das Xesuitinas, centro relixioso concertado de Vigo, manda o seu fillo todos os veráns fóra de Galiza para 'mellorar' o castelán, “enviámolo cuns curmáns da mesma idade a Sevilla”.

A reportaxe conclúe sinalando que a esta nai “afógaa a presión nacionalista”. “De cando en vez pásalle pola cabeza levar a súa familia a outro lugar do Estado”, engade.
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2009 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Rúa Laverde Ruíz, 6. Baixo esquerda
15702. Santiago de Compostela.
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río