PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Aumenta a 'seguridade xurídica' dos propietarios
Entra en vigor o 'desafiuzamento express'

Redacción .  A Lei de Medidas de Fomento e Axilización Procesal do Aluguer e Eficiencia Enerxética dos Edificios, na que se inclúe o 'desafiuzamento express', entra hoxe en vigor para mellorar a 'seguridade xurídica' dos propietarios de vivendas en aluguer 'sen menoscabo dos dereitos dos inquilinos de boa fe'.

Reloxo 24.12.2009 | 10:07

Edificios Edificios

Segundo o Ministerio, o fundamento da nova lei radica na necesidade de impulsar un amplo mercado do aluguer e argumenta que a “existencia dun gran número de vivendas desocupadas é contraditorio e inaceptábel dadas as necesidades dunha parte importante da poboación”.

Esta norma modifica a Lei de Arrendamentos Urbanos e a Lei de Enxuizamento Civil para impulsar o desenvolvemento do mercado do aluguer e a Lei de Propiedade Horizontal, para facilitar accións que melloren a eficiencia enerxética dos edificios.

Arrendamentos Urbanos

Polo que respecta á Lei de Arrendamentos Urbanos, a nova norma amplía os supostos nos que non procede a prórroga obrigatoria de contrato de aluguer. Así, ao suposto no que o propietario necesite ocupar a vivenda para uso propio se engade agora a posibilidade de que a requira para seus fillos, pais ou parella no caso de sentenza xudicial firme de divorcio ou nulidade matrimonial.

Os cambios introducidos na Lei de Enxuizamento Civil están encamiñados a facilitar que os arrendadores poidan recuperar a súa vivenda dun modo rápido e sinxelo no caso de incumprimentos graves do pago de aluguer sen que iso menoscabe os dereitos dos inquilinos.

A supresión de trámites e a redución de prazos nos procedementos impiden que se prolongue no tempo a incerteza sobre a resolución do conflito, sen que con elo se vexan alteradas as garantías procesais.

A reforma da Lei de Propiedade Horizontal modula as maiorías necesarias para que as comunidades de propietarios adopten acordos para a mellora da eficiencia enerxética e hídrica dos inmóbeis.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río