PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
É o programa máis veterano da emisora
Elimínase a opinión do 'Diario Cultural' da Radio Galega

Redacción .  A CRTVG continúa a eliminar contidos culturais da súa grella. Segundo nos comunica nun correo electrónico remitido pola profesora Helena González, quen emitía o seu comentario de opinión os luns no 'Diario Cultural', da Radio Galega, decidiuse prescindir desta sección 'por motivos económicos'.

Reloxo 02.07.2009 | 10:50

Ana Romaní, premio Marisa Soto 2009 Ana Romaní, premio Marisa Soto 2009 Segundo a profesora de lingua e literatura galega da Universitat de Barcelona, "por "motivos económicos" a Radio Galega decidiu prescindir das colaboracións de opinión no Diario Cultural". Neste programa que se emite de luns a venres entre as  15.05 e as 16.00, os últimos minutos estaban dedicados a un espazo de opinión sobre cultura: Helena González falaba os luns, o escritor Bieito Iglesias os martes, Xosé Carlos Caneiro os mércores, a xornalista Débora Campos o xoves, e Miguel Anxo Murado os venres.

González expresa no seu correo o seu agradecemento á directora do programa, Ana Romaní (recentemente premiada co Marisa Soto, premio de honra dos María Casares, polo seu labor á fronte deste programa, e o premio da AELG), e ao seu equipo de xornalistas, "que desde hai anos veñen facendo posíbel unha excelente información cultural, atenta ao que acontece en Galiza e no mundo, plural e publicamente recoñecida".

Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos de radiodifusión galega: comezou na temporada 1990-1991 cun formato que conxuga características dos informativos e mais da revista. O programa concíbese como un espazo de información, plataforma de divulgación cultural e foro de reflexión e debate atento ás novas fórmulas artísticas e creativas. González remata o seu correo afirmando "Xa que non me foi posíbel facelo nas ondas, coa derradeira entrega que se emitiu, despídome desta navegación, convencida da necesidade de manter o obxectivo que me propuxen: catar e debater a cultura, desde o feminismo, é dicir, criticamente". Os seus comentarios poden consultarse no blog Das orixes de marzo.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río