PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Dotado con 2.000 euros
Eli Ríos, Premio de Poesía Concello de Carral

Redacción .  'Nós escoitando o badalo de marienplatz' resultou gañadora entre as 42 obras presentadas ao Concurso de Poesía Concello de Carral.

Reloxo 15.05.2009 | 10:48

Concello de Carral Concello de Carral

O xurado, formado polos poetas Luis González Tosar, Lucía Novás e Paulino Peña Álvarez, baixo a presidencia da Concelleira de Cultura de Carral, Mª José García Fariña, e co técnico municipal de Cultura e coordinador do premio, Carlos Lorenzo Pérez, como secretario, salientou a "calidade, frescura e innovación" da obra.

O premio de Carral está dotado con 2.000 euros e a publicación da obra na colección de poesía de Edicións Espiral Maior. O acto de entrega do premio terá lugar o 29 de maio, na Biblioteca de Carral.

Elisabet Ríos Liste é filla de emigrantes, naceu en Islington (Londres) no 76, e regresa para pasar a súa primeira infancia en Lesta (Concello de Ordes). É licenciada en Filoloxía Galega, e este seu primeiro libro, nós escoitando o badalo en marienplatz, supón unha homenaxe á iconografía pop e á literatura galega dos anos oitenta. Investigou sobre literatura portuguesa, e ten colaboracións na revista Agália coma "A tradução do árabe para o português: Emil Habibi e O optimista", amais de experiencia traballando en editoriais.

Premio de Poesía Concello de Carral
  • 2007: Paulino Peña Álvarez, Gramática da afirmación.
  • 2006: Xosé Luis Mosquera Camba, Nadja c’est moi.
  • 2005: Isidro Novo, Esteiro de noites falecidas.
  • 2004: Marcos S. Calveiro, Cartas do terceiro día.
  • 2003: Xurxo Alonso, Breviario de Aldemunde.
  • 2002: Eduardo Estévez, Derrotas.
  • 2001: Baldo Ramos, A árbore da cegueira.
  • 2000: Lucía Novás, Epiderme de estío.
  • 1999: Rafa Villar, Días de Sherezade.
  • 1998: Rafael Lema, Atlántica.
  • 1997: Fernando Díaz-Castroverde, Camiño de píntegas.
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río