PUBLICIDADE
Sábado, 22 de novembro de 2008
O que fora presidente do Banco Central Hispano
'El Mundo' adhire un morto que finou hai 2 anos ao manifesto a prol do castelán

Redacción .  A campaña de recollida de adhesións ao Manifesto en Defensa pola Lingua Común posta en marcha polo xornal 'El Mundo' conseguiu recabar en 12 días o apoio de 105.000 cidadáns. Non obstante entre algúns deses miles de persoas que se adheriron están finados dende hai anos.

Reloxo 11.07.2008 | 18:22

Claudio Boada, ex presidente do Banco Central Hispano Claudio Boada, ex presidente do Banco Central Hispano Parece ser que o Manifesto en Defensa pola Lingua Común permite que os mortos tamén se adhiran. Polo de agora coñécese que Claudio Boada, o que fora presidente do Banco Central Hispano, adheriuse ao documento. E iso que Boada finou hai case dous anos, en agosto do 2006.

As páxinas de El Mundo incluíron entre as fotografías dos que asinaron o manifesto a imaxe do ex presidente do Banco Central Hispano. O dato desvelouno primeiro La Nación.es, e a continuación, outros medios como Periodista Digital fixéronse eco do asunto. Polo de agora, o periódico de Pedro J. Ramírez non emitiu ningúnha información ao respecto.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Rúa Laverde Ruíz, 6. Baixo esquerda
15702. Santiago de Compostela.
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil