PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Por mor do temporal
Educación decide pechar colexios da Coruña e de Lugo

Redacción .  A Consellaría de Educación decidiu que hoxe permanezan pechados os centros educativos das provincias da Coruña e Lugo debido ás condicións meteorolóxicas adversas, segundo informou o departamento autonómico.

Reloxo 23.01.2009 | 08:25

Efectos do temporal no paseo marítimo da Coruña Efectos do temporal no paseo marítimo da Coruña. AGN A Dirección Xeral de Protección Civil avisou dun episodio meteorolóxico adverso por vento en terra de nivel de alerta laranxa, que afectará a toda a comunidade a partir de hoxe, con ventos que poden alcanzar refachos de 140 quilómetros por hora.

Tamén a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) advertiu dun fenómeno adverso por precipitacións, que chegarán a acumular 50 litros por metro cadrado en 12 horas –nivel amarelo–.

Segundo a previsións, os ventos serán especialmente intensos –120 quilómetros por hora con posibilidade de refachos de 130-140– no noroeste, oeste e sudoeste da provincia da Coruña; nas comarcas da Mariña lucense e nos municipios de montaña; na zonas altas da provincia de Ourense; e nas comarcas do Miño e Rías Baixas na provincia de Pontevedra.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río