PUBLICIDADE
Xoves, 28 de agosto de 2008
Carme
Adán
Secretaria Xeral de Igualdade
Educación para un mundo contemporáneo
 08.07.2008 | 18:04

Regaláronme hai pouco un libro de fácil e amena lectura, La pedagogía contra Frankestein. Un libro capaz de facernos pensar sobre o máis importante da educación, as persoas que educan e as educadas, aínda que ás veces tendemos a reparar máis nas instalacións, nos ordenadores, nas metodoloxías, nos procedementos,…. Debedores como somos dunha modernidade inconclusa, recoñecemos na universalización da educación un ben necesario para o progreso da humanidade. Porén, a modernidade tamén nos lega a imaxe do Dr. Frankestein como mostra dos excesos da razón que non atende ao sentido común da ética cotiá.

A ciencia, como un dos maiores produtos da modernidade, regula até o extremo as nosas vidas. Non podemos entender a nosa existencia sen rodeala de aparellos tecnolóxicos, fármacos, comida industrial, cosméticos,… Non só vivimos nun mundo científico-tecnolóxico senón que este habita en nós, é dono até dos nosos corpos. Neste senso, lembrar a metáfora romántica de Frankestein sempre é evocador. Símbolo da ciencia como vontade de poder absoluto, do esquecemento da ética e dos sentimentos para explicar a realidade, ou noutras palabras, recordatorio do vello debate entre educar para a liberdade ou instruír para o control social.
O alumnado de bacharelato enfróntase o próximo curso a unha nova materia, Ciencias para un mundo contemporaneo. É importante, talvez fundamental, que a cidadanía galega do futuro teña unha sólida formación científica. Mais tamén que sexan capaces de entender a ciencia na súa dimensión social, como proxecto cultural que é. O coñecemento sempre é para o mundo contemporaneo, para cal se non? Polo que a maiores da base científica necesaria debemos ser capaces de que o alumnado tamén reflexione sobre as contradicións dunha era chea de avances tecnolóxicos pero que mantén como primeiro problema mundial a fame. Unha educación contemporánea demanda unificar a falsa separación entre a esfera científica e a social.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
Vota
 
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil