Rodri Suárez . A Copa Galiza se decide cun duelo clásico no que os dous equipos utilizarán a moitos suplentes e no que os coruñeses buscarán a guinda a unha primeira metade de 2008 sensacional, mentres que os vigueses precisan darlle unha satisfacción aos seus en tempos de crise.
Despois dunha organización moi protestada, a Copa Galiza vivirá o seu día grande coa final, a mellor das posíbeis con Deportivo e Celta no campo do Couto de Ourense (20.45 horas) nun derbi que os dous equipos afrontan dende situacións distintas pero cun par de factores comúns: xogarán moitos dos menos habituais e o obxectivoé darlle unha alegría á afección, que vive con especial intensidade este tipo de partidos. Nas bancadas espérase maioría celtista. O club olívico pediu a final para Ourense coa intención de facilitar o desprazamento dos seus e poderían ser máis de medio milleiro os que viaxen até o Couto. Por parte coruñesa, hai excursións organizadas e acudirán uns douscentos seareiros branquiazuis. No Dépor xogarán varios da canteira, sobre todo en defensa. O Celta tamén dará minutos aos máis novos, se ben nos celestes a necesidade de gañar é maior logo dun curso decepcionante. Os de Lotina queren, pola súa banda, coroar un principio de 2008 memorábel. En principio, a TVG non retransmitirá o partido.
Campo do Couto