Calquera persoa cunha idea emprendedora, un negocio de recente creación, unha iniciativa formativa relacionada co autoemprego ou estudantes de ciclos formativos poden participar na convocatoria dos Premios Carballo Emprende 2008 que convoca o Concello de Carballo con motivo da celebración do ciclo Carballo Emprende os días 22 e 23 de maio.
Os galardoados poderán acceder a un primeiro premio de 1.500 euros, un segundo de 1.000 euros e un terceiro premio de 500 euros. Ao mesmo tempo, os tres primeiros proxectos que cumpran os requisitos para acceder ao Viveiro de Empresas de Carballo serán premiados coa cesión gratuíta dun despacho de un ano para o proxecto que sume máis puntos, nove meses para o
segundo e un semestre para o terceiro clasificado.
Por outra banda, tamén permanece aberto o prazo para participar no I Premio Programas de Fomento da Emprendeduría. está dirixido aos centros educativos e entidades sen ánimo de lucro que programen actividades ou accións encamiñadas ao fomento do autoemprego, o cooperativismo e, en xeral, que contribúan a divulgar a emprendeduría como unha oportunidade de futuro para calquera persoa que pense non desenrolo económico. A entidade que acade a maior puntuación no dicatme do xurado, será galardoada cun premio en metálico de 1000 euros.