PUBLICIDADE
Venres, 12 de marzo de 2010
PRESENTADO EN LUGO
Documental sobre a fenda dixital das mulleres

M. V AGESTIC, unha patronal galega das novas tecnoloxías, vén de presentar o documental “Nin + nin -” sobre a discriminación que sofren as mulleres do país no uso das novas tecnoloxías. O presidente de AGESTIC alerta da 'misoxinia' do sector.

Reloxo 12.06.2008 | 17:21

A creadora de Florcity.com no documenal 'Ni + ni -' A creadora de Florcity.com no documenal 'Ni + ni -' “A falta de infraestruturas, os problemas de colectividade, o custo no medio rural, a falta de formación, de coñecementos, do que son e para que serven as tecnoloxías da información e internet” son os principais factores de dificultan a igualdade entre galegos e as galegas á hora de acceder ás novas tecnoloxías, denuncia a asociación. No documental, o presidente de AGESTIC,  Xosé María López Bourio, asegura que “o sector tecnolóxico sempre foi misóxino por natureza”.

O documental, rodado por AGESTIC dentro do Plan Avanza do Ministerio de Industria, explica en primeira persoa as razóns da fenda dixital das mulleres do país. Para elo emprega testemuños de empresarias, técnicas e emprendedoras de diferentes sectores produtivos.

A obra tamén inclúe exemplos de mulleres que acadaron o éxito empresarial a través das novas tecnoloxías. De trinta minutos de duración, pode consultarse na web www.agestic.org.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río