PUBLICIDADE
Mércores, 08 de outubro de 2008
o encontro pecharase cun concerto na Praza da Catedral
Discapacitados de todo o mundo participan no curso de musicoterapia de Mondoñedo

Redacción .  O auditorio Pascual Veiga da cidade do Masma abre as súas portas ao segundo curso Internacional de Musica e Musicoterapia, organizado pola Asociación Interdisciplinar para Persoas con Necesidades Especiais (AIMPE).

Reloxo 08.07.2008 | 11:56

Catedral de Mondoñedo Catedral de Mondoñedo Na edición deste ano tomarán parte discapacitados procedentes de distintos países principalmente europeos, pero tamén asiáticos coma e o caso de Xapón e Corea do Sur, ou americanos entre eles Canadá. O obxectivo deste certame, que se prolongará até o día 13, e o de amosar a utilidade da música para coñecer mellor o mundo que os rodea.

Este encontro contará coa presenza de profesores como Priya Mitchell que actúa coa Symphonie-Orchester de Berlín; Andrea Lieberknecht, profesor en Hannover; Daj Jensen, mestre na mesma cidade que o anterior. Outras personalidades que interveñen nesta cita son Michael Sanderling, da Academia da Música e Artes Escénicas de Frankfurt, Tamás Velenczei e Gabor Tarkövi, ambos da Filarmónica de Berlín; French Horn, profesor da Universidade das Artes de Berlín, Charles G. Vernon das universidades DePaul e Northwestern University e Jens Bjorn-Larsen, membro da Stockholm Chamber Brass. Asi mesmo, ofrecerán recitais Osteyin Baadsvik, músico da Singapore Phillarmonic e a Oslo Symphony Orchestra e a pianista xaponesa Tomoko Sawano.

O tubista noruego Baasvik está preparando un concerto cos alumnos do curso que servirá de clausura e que se celebrará na mesma praza da Catedral de Mondoñedo.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil