PUBLICIDADE
Xoves, 28 de agosto de 2008
Dios, La Virgen y el Presidente Uribe!
 04.07.2008 | 13:30

Primero doy gracias a Dios, luego a la Virgen, al ejército… y al Presidente Uribe!”. Teño algo de sono, onte quedei até tarde vendo en directo pola televisión a chegada a Bogotá de Ingrid Betancourt e das demais persoas rescatadas das poutas, cada vez menos guerrilleiras, no sentido clásico e político, das FARC. Escoitei con atención a intervención de todos eles e, á marxe da excelente nova que supón dende o punto de vista humanitario, o acto destilaba un noxento cheiro a democracia tutelada e a autobombo gobernamental case intolerábel ética e democraticamente.

Primero doy gracias a Dios, luego a la Virgen, al ejército… y al Presidente Uribe”. Con estas palabras comezou Betancourt a súa intervención, pouco antes de axeonllarse cun rosario na man ante o clérigo de turno que lles daba a bendición. Antes dela, un a un, todos os liberados lle deron as grazas ao “marabilloso presidente”, incluídos os dous máximos mandos do exército e da policía, que realizaron senllas intervencións puramente políticas, comparando implicitamente como funcionaba o país na loita contra a guerrilla antes e despois da chegada de Álvaro Uribe á presidencia de Colombia. Mal asunto cando o exército aposta por unha opción política fronte a outras.

A utilización do evento polo apadriñado de George Bush en Latinoamérica, está a ter a súa recompensa posterior nos medios de comunicación. Fálase xa del como a grande esperanza do continente, fronte aos perigosos (enténdaseme a ironía) líderes de esquerdas que gobernan no Brasil, Chile ou Nicaragua; xa non falemos de Hugo Chávez ou Evo Morales, que pouco teñen que ver. Uribe é a aposta neoconservadora dos EE UU no sur de América, a aposta, fronte a unha esquerda emerxente, para que todo siga igual, amplas capas da poboación marxinadas e empobrecidas a costa de minorías excesivamente ricas; a aposta para que a despensa de norteamérica siga chea por moito tempo, aínda que se sexa a costa da democracia e da liberdade da maioría.

En fin, só espero que a traxicomedia organizada onte polo Goberno de Colombia para celebrar tan boa e importante noticia non sexa o recurso que a Uribe lle faltaba para alterar a constitución do seu país e cumprir o seu desexo máis íntimo, e o desexo máis íntimo dos EE UU, presentarse á reelección como presidente. Veremos…!          

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
Vota
 
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil