PUBLICIDADE
Mércores, 07 de xaneiro de 2009
'Devolution'
Debater a presenza internacional de Galiza é un dos obxectivos da xuntanza que a Fundación Galiza Sempre celebra en Santiago o 7 de novembro.
 06.11.2008 | 10:06

Mapa de nacións sen Estado de Europa Mapa de nacións sen Estado de Europa

Marcho hoxe metro-tren-intermetro-avión-bus Bruxelas-Bouzas, para participar mañá aqui. Convidounos a Fundación Galiza Sempre e a CONSEU para debater en Compostela sobre o futuro das nacións sen Estado en Europa.

Representantes de nacións sen Estado da Unión Europea debateremos sobre unha alternativa ao actual modelo europeo dende o punto de vista das nación. Trátase dun discurso necesario que debe dar novamente o nacionalismo galego, pois non debemos conformarmos con ter unha voz e voto en Galiza, en Madrid, senón que precisamos voz e voto no Parlamento Europeo, e unha desacomplexada presenza ante o mundo. Somos unha nación con dereitos a defender en todos os foros políticos da institucionalidade e da sociedade civil, con madurez política. No que a min me toca, dende logo que o levo con moito orgullo e optimismo polo mundo, porque non somos nin máis nin menos ca ninguén.

A presenza de Galiza perante a Unión Europea deixa moito que desexar actualmente dende o punto de vista institucional: non existe unha verdadeira política galega cara a Europa senón unha visión simplista e tímida da presenza en foros inoperativos e desorientados en canto ao fondo e aos obxectivos, como o Comité das Rexións. Tampouco existe aínda unha Delegación Exterior da Xunta en Bruxelas, e insisto na idea que no Parlamento Europeo, ás veces, existimos máis por nós e a colaboracións dos nosos compañeiros da viaxe vascos e cataláns e da Alianza Libre Europea que pola via dos "oficiais" representantes elixidos nas pasadas eleccións europeas de xuño de 2004.

Polo tanto, cómpre felicitar a Fundación Galiza Sempre por promover este debate e tamén por xuntar diferentes voces, e por facer un esforzo engadido de consensos contando coa xente que sabe ou pode opinar con experiencia e análise do tema, e tamén por realizar consensos de xuntar persoas do nacionalismo galego que tiveron e teñen fundamento no tema, no pasado, no presente e no futuro.

O futuro como nación perante a Unión Europea, tamén está nas nosas mans, nas dos votos, nas dos debates, nas de interiorizar que se é máis necesario un modelo alternativo de construción europea, pasa por ter maior incidencia política e empoderamento presencial activo nesta cuestión. Temos o dereito a existir, a opinar e a participar na toma de decisións no eido europeo, mais hai que asumilo politicamente.

Mañá chegarán meus compañeiros Jill Evans, eurodeputada do Plaid Cymry e Günther Dauwen, director da ALE para falar, entre outros temas, da Devolution nos seus respectivos países, Gales e Flandres

Galiza tamén precisa unha Devolution urxente, no pais, no Estado e na Unión Europea.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
 
© 2009 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Rúa Laverde Ruíz, 6. Baixo esquerda
15702. Santiago de Compostela.
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil