PUBLICIDADE
Mércores, 08 de outubro de 2008
Rexina
Vega
Escritora
Outras noticias
Destroyer
 17.07.2008 | 17:47

"Prefiro un fusilamento á condescendencia co tufo paternalista”, isto foi o que veu dicir unha escritora nun blog a propósito dunha opinión do crítico sobre a súa recente novela. Eu concordo, e, de feito, penso que é precisamente esta actitude de falsa protección a que cómpre revisar nas nosas letras.  Non é doada a tarefa da crítica. Ridiculamente paga, pouco recoñecida, puñeteiramente difícil. Un bo texto crítico presupón moitas cousas: cultura, finura, xenio. E, ao cabo, a asunción da excesiva inmediatez dunha lectura que, de xeito inevitable, simplifica. Moitas esixencias, pouca gratificación. Con todo, a crítica xornalística é un elemento indispensable nas literaturas. O lector precisa atopar claves que o axuden a paliar a ansiedade da elección nun mercado cada vez máis sobrecargado; o autor precisa atopar a súa imaxe no espello, coñecer as liñas de resistencia que ofrecen os seus textos. A literatura galega é xa madura, diversa, libre. A crítica literaria galega, porén, necesita crecemento. Cómpre, pouco e pouco, do mesmo xeito que aconteceu coa crítica filolóxica, centrada na posición dos pronomes átonos, facer desaparecer entre nós as tendencias opostas, tanto cara ao proteccionismo insulso como cara á descualificación espúrea. Precisamos máis voces, de diferentes idades, por enriba e por embaixo desa franxa dos 40 aos 50 que é hoxe por hoxe case  a única que escribe. Necesitamos unha crítica máis valente que se atreva, sempre explicitando os seus criterios, a dar caña sen fantasmas, centrada na literatura e non nos seus ananos. Benvida sexa a liña de Protexta, toda unha declaración de intencións dende o mesmo nome da cabeceira. Falta agora que os idosos decidan ler, eles tamén, a cara descuberta.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
Vota
 
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil