PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Tres concertos en tres cidades
Descarga ao vivo, da outra banda do Atlántico

Redacción .  A experiencia botou a andar en Cuba, o ano pasado, con motivo da Feira Internacional do Libro da Habana. Agora, a música galega e cubana volven xuntar as súas sonoridades desta banda do Atlántico. Falamos con Ramom Pinheiro (Chito), o investigador que iniciou o proxecto.

Reloxo 04.07.2009 | 10:00

Descarga ao vivo. Bocixa/R. Rei

Ramom Pinheiro Almuinha, docente en A Central Folque, investigou durante meses as conexións entre a música galega e a cubana: non é raro escoitar habaneras nas tabernas dos portos galegos, nin recoller cantigas galegas na Illa. O propio Himno galego estreouse na Habana en 1907. Deste traballo xurdiu, amais do libro A la Habana quiero ir, Los gallegos en la música de Cuba (Sotelo Blanco, polo de agora editado en castelán), un proxecto para irmandar a música das dúas beiras: Descarga ao vivo.

Unha historia común, marcada pola emigración e polo exilio, deu lugar a un acervo musical que conecta gorxas e instrumentos dunha e doutra banda do Atlántico. "Non se pode falar da historia da música galega sen falar de Cuba", explica Pinheiro, e viceversa. Xa estivemos no Teatro Mella da Habana, e agora teremos en tres cidades galegas o resultado máis creativo desta pescuda: doce temas que reúnen melodías emblemáticas, coma a "Alborada de Veiga" ou "Un adiós a Mariquiña", mais tamén temas inéditos como "O Indiano" de Ricardo Fortes Albarellos, "Del Ferrol a La Habana" de Juan Parga, ou o tema "Cuba-Galicia", do compositor cubano Guillermo Tomás.

Jotas, muiñeiras, rumbas e güajiras configuran o repertorio deste espectáculo, adobiado con arranxos entre o jazz latino e o folque europeo, e que conta cun elenco musical de excepción, dirixido por Ramom Pinheiro no plano artístico, e tres persoas no musical: Alejandro Vargas, compositor cubano, premio Cubadisco ao mellor disco de jazz en 2008; Pedro Pascual, profesor da Central Folque, compositor, arranxista, produtor musical e músico de Marful; e Marcos Teira, compositor, arranxista e recoñecido intérprete de guitarra flamenca.

Xa están á venda as entradas para os tres concertos: o 23 de xullo, o Teatro Rosalía de Castro acolle o primeiro deles ás 22.30. O 25 estarán no FestiGal, en Compostela, ás 22.00. E o concerto no Teatro Caixanova, de Vigo, o 30 de xullo ás 20.30, poralle o broche de ouro a esta semana. Amais, sortéanse 10 entradas mediante un "Concurso indiano" de fotografías da época, que se poden enviar a descarga@folque.com. O proxecto nace da colaboración entre aCentral Folque e o Instituto Superior de Arte cubano.


Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río